INSEMINARIO

a punk attitude

12.9.07

SuperAFavor do Plus dos Altos Cargos

Inseminario manifesta a súa total adhesión ao Plus dos altos cargos polo que estes cobrarán ata 15.000 Euros anuais durante toda la vida (como o do Nescafé) unha vez que deixen de exercer a súa sacrificada labor pública. É unha medida profundamente democrática e nós estamos SuperAFavor da democracia, polo que todos aqueles que se opoñen non entenden nin aceptan a DEMOCRACIA (con maiúsculas).
Entendemos que é unha medida imperfecta inda que extraordinariamente boa. O único que hai que facer para perfecionala é que os membros de Inseminario teñamos un Alto Cargo durante un par de anos e dous días (como o noso admirado Antonio Losada). E listo.
As suxerencias para Alto Cargo son:
* Secretariado Xeral de Chavalas.
* Dirección Xeral de Propagación
* Dirección Xeral de Chorvas.
* Conselleiro de SUFATO.
* Secretariado Xeral de Facer País
* Dirección Xeral de Confusión e Obxectivación
* Conselleiro de Xunguimento de Tradizón e Modernidade
etc.

2 Comments:

At 5:31 da tarde, Anonymous Anónimo said...

repe, repe, repe, repe, repe, repe, repe ... este non o teño

 
At 1:02 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Eu quero ser Conselleiro de Sufato.

Asdo: Nestor

 

Enviar um comentário

<< Home