INSEMINARIO

a punk attitude

23.10.07

A Mafia Incendiaria: agora en California!!!

Despois de devastar Grecia, Croacia, etc, a Mafia / Trama emigra a California desvastándoo todo. Cunha eficacia, obviamente planificada que responde a escuros intereses, a Trama incendiaria, préndelle lume as zonas máis dinámicas do país (californiano): Los Angeles, San Diego, Santa Mónica, Hollywood, Malibú, etc.
O gobernador Arnold Schwarzenegger xa contactou con Suárez Canle para que lle axude e asesore convenientemente, enviándolle un escapulario da Virxe do Corpiño que vai moi ben para o tempo.
O PP di que é culpa do bipartito, o bipartito di que é un boicot político, os pes negros din que a mafia das inmobiliarias están detrás e Antonio Losada garda silencio (por certo, quén era ese?).
Ónde golpeará a próxima vez a Trama /Mafia incendiaria? quizáis de novo na Región Gallega? lograremos pillalos algún día? Iker Jiménez está moi interesado neste caso de combustións paranormais mentres que un sesudo análise estatístico amosa que os incendios que están activos ao mesmo tempo e nun mesmo lugar queiman simultáneamente na mesma área.

Seguiremos Informando.

PeneLopez, Corresponsal en Malibú.

1 Comments:

At 12:32 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Unha vez máis a resposta, como case todo nestes ultimos tempos, está na Igualdade.
A familia é o primeiro! (o lema da mafia).
O acceso a vivenda é un dos dereitos básicos da cidadanía, e todas as familias teñen dereito a ela. Igualdade de acceso a vivenda!

Superafavor da IGUALDADE!

 

Enviar um comentário

<< Home