INSEMINARIO

a punk attitude

14.10.09

Exteriorizar emocións

A Asociación de Persoas Sensibles Normales (APSN, a Asociación de Xente Normal(AXN) e a Asosciación de Amigos da Xente Normal (AAXN, o Comité de Emerxencia Emocional (CEE) así como diversas persoas a título particular, manifestan o seu apoio incondicional a D. Ricardo Costa. Cando pensabamos que non era unha persoa normal resulta que si que o é, e en en grado sumo, é dicir, supernormal. Tan é así que tras ser retirado dos seus cargos botou a chorar desconsoladamente. Todos pensamos que as emocións non se deben ocultar e que nos enchen de humanidade. Chorar é bo porque descargas tensión, lubrificas os ollos e demostras o supersensible que es.
Por outra parte demostras que "los pijos también lloran" e demostra de xeito contundente que é unha persoa a pesar de todo.

Dende a Región Gallega, Un fuerte abrazo Ric.

Ricardo Bágoas