diferencias
Un poeta romántico inglés pode palmala de tuberculose ou afogado nun lago.
Un poeta _______ galego pode acartonarse ata acadar a categoría de devanceiro.
Un poeta romántico inglés pode palmala dubidando.
Un poeta _______ galego palmaa, con seguridade.
Un poeta romántico inglés fode con ledicia e desesperación.
Un poeta _______ galego fode.

Un poeta romántico inglés pode ser un esteta.
Un poeta _______ galego demanda da súa esteticién acondicionador capilar.
Un poeta romántico inglés ama mulleres pálidas pero voluptuosas.
Un poeta _______ galego suspira por mulleres voluptuosas con coloretes.
Un poeta romántico inglés aliméntase.

Un poeta _______ galego come churrasco cos dedos.
Un poeta romántico inglés pasea pola campiña.
Un poeta _______ galego mergulla no pasado.
Un poeta romántico inglés corre riscos.
Un poeta _______ galego sona riscos.
Un poeta romántico inglés involúcrase no pobo
Un poeta _______ galego líase na Unión do Pobo.
Un poeta romántico inglés pode chegar a inflarche as pelotas
Un poeta _______ galego pode inflamarche as amígdalas
Un poeta romántico inglés está maldito
Un poeta _______ galego está mal dito.
Un poeta romántico inglés cultiva o mundo
Un poeta _______ galego sacha leiras.
Un poeta romántico inglés está a favor da poesía.
Un poeta _______ galego está a favor.

Jonh Wayne, 2006
1 Comments:
Moi bo..que digo bo, brutal!!! noraboa polo blog!!!
Enviar um comentário
<< Home