INSEMINARIO

a punk attitude

1.4.06

o auténtico Sexo Gallego

"existe un auténtico sexo da Región Gallega?"
tras realizar unha investigación Inseminaria chegamos a algunhas conclusións:
a resposta é rotunda, existe!. o auténtido sexo gallego ten algunhas peculiariedades que o afasta do sexo doutras regións e nacións. o cumio do sexo gallego é " non me fodas no camiño que non son unha cadela, bates cos collós no chan e énchesme a cona de terra". en realidade é toda unha provoación SUperaFavor porque claramente estase indicando con ese tan Gallego 'non pero si' que o auténtico Sexo Gallego desevolvese no camiño (esto é así antes de Kerouac), o home bate cos collós no chan e efectivamente enche a cona de terra: o sexo gallego é suxo. moito.
lugar: o auténtico sexo Gallego desenvolvese en plenitude en dous lugares míticos. non é a cama propia ou allea, non é o asento de atrás dalgún coche aparcado nos eucaliptos, non... os lugares idóneos son o muíño e o palleiro.
natalidade. como o sexo Gallego auténtico está completamente deturpado, a Región Gallega padece a natalidade máis baixa do planeta: todos os camiños están asfaltados pola Xunta e polo tanto non hai terra coa que encher conas e tampouco hai muíños nen palleiros dispoñíbeis para a poboación.
directiva inseminaria: por elo, o Colectivo Inseminario, sempre na percura da felicidade, a calidade de vida, etc da Región Gallega dictamina que todos os camiños volvanse encher de terra e que se creen muíños e palleiros ad hoc por doquier situados estatéxicamente. con estas sinxelas medidas o noso nível de felicidade incrementarase e recuperase espectacularmente a natalidade.
si, era fácil, pero fumos Vox os que tivemos que dicilo.
Mesías Meinhof

2 Comments:

At 5:26 da tarde, Blogger acedre said...

Hahhahahaha,'non hai terra para encher a cona'. Sodes do que non hai. Seica hoxe hai unha macroorxia en Samil a ver se a area na cona vale para elevar a demografia.

 
At 12:36 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Hai pouco sexo porque os homes galegos son uns cobardes.

Maruxiña

 

Enviar um comentário

<< Home