en apoio de Mayor Oreja
nestes momentos tan difíciles e tras a última declaración de Jaime Mayor Oreja, o Colectivo Inseminario na liña Super a Favor de Todo (SuFaTo) quere manifestarlle o seu apoio incondicional e o mesmo tempo aproveitar para manifestar o noso apoio inamobibel á teoría da conspiración universal, á vida en Marte, á que os extraterrestres viven entre nós, a que Donald Rumsfell está detrás do virus da gripe do polo, á existencia da Atlántida, ao Código da Vinci, ao misterio da Santísima Trinidade, á inmaculada concepción, a que a sida é foi un experimento da KGB para destruír os sacerdotes católicos, ao home do saco, ao o sacauntos, ao cocón, á Eduardo Punset, á la Abeja Maya, etc etc
Mayor Oreja, agradecido, revelounos en conversa particular que foi ETA quen asesinou a Kennedy nunha hábil xogada e que foi ERC quen diseñou o Naranjito do Mundial 82 para desprestixiar á Nación Española (véxase a similitude entre o subsodito e Carod Rovira); pola contra o do cambio climático é un invento do lobby dos homosexuales para favorecer o aborto deportivo nas parellas lésbicas da Nación Española.
Mesías Meinhof
1 Comments:
!A Atlántida existe!. Eu teño atopado probas sólidas no Atlántico.
Por certo, propoño modificar o acrónimo de SuFaTo, por SULFATO, que é moito máis rexional gallego. O L é unha pequena licencia poética en homenaxe a vila máis rexional gallega de todo o mundo.
Enviar um comentário
<< Home