INSEMINARIO

a punk attitude

11.3.06

que porto exterior ni que niño muerto

O Comité Super a Favor de Todo na liña das últimas propostas inseminarias quere manifestar o seu fondo rexeitamento á construcción de dous Portos Exteriores na Región Gallega. Así non se vai a ningueres. Sexamos serios, para qué queremos tanto porto exterior, macroporto, medioporto, portiños, amarres e pantaláns? para qué? qué gañamos con iso? pois está claro que fomentar a desunión na Región Gallega e en definiva, estar coas mesmas caralladiñas de sempre. Así este Comité, coa colaboración do Gabinete de Estudios e Proxectos Inxeñerís Potentes quere amosar a súa proposta paraa creación, agora xa sí, dun Gran Porto Gallego. Velahí a nosa proposta. Xa estamos a buscar cartos e a alecionar aos nosos spin doctors para que creen un clima de opinión superfavorable. Próximos titulares na Voz de Su Amo:
nos lo deben / es imprescindible para el desarrollo de la región / si no nos financian el Gran Porto es que no nos quieren / en Cataluña subvencionaron una nave industrial /fundamental para el despegue de la Galicia del Siglo XXII / Expertos aseguran que de no construirse, Galicia sufrirá un atraso de 49,5 lustros / las obras del Gran Porto que estarán listas en 2009 crearán 3.723.421,33 puestos de trabajo/ es la infraestructura que queremos todos los gallegos/ la gran infraestructura que necesita la Región Gallega del Siglo XXIV / etc etc
Comité Super A Favor de Todo / Gabinete de Estudios e Proxectos Inxeñerís Potentes

3 Comments:

At 2:43 da tarde, Blogger besbe said...

Opino de que Comité Super a Favor de Todo faga unha proposta similar en canto a tema aeroportuario. Propoño a Terra Cha como pista de aterraxe.

 
At 5:57 da tarde, Blogger inseminario said...

completamente dacordo. porén hai que atender ás "sensibilidades" locais, así que propoñeremos como mínimo 3 ducias de aeroportos, sendo o da Terra Cha, obviamente, o máis grande, xunto coa Limia.

 
At 6:50 da tarde, Blogger inseminario said...

Grande!.
Felicito ao autor polo seu mágnífico deseño do porto esterior. Un porto que trascende a súa realidade material para simbolizar, a través da súa forma de cangarexo, a unidade entre a terra eo mar, entre Galiza e o océnano, conxugando á perfección tradición e modernidade. É ao igual que o cangrexo, retrocendendo cando parece que avanza. Puro espíritu regional gallego

 

Enviar um comentário

<< Home