INSEMINARIO

a punk attitude

1.3.06

Protocolo do Xornalismo Rosa

1. Non hai nada.
2. A nada hai que enchela de algo.
3. Manipulamos a nada adecuadamente e fabricamos uns famosos.
4. Eses famosos follan entre si, como todo dios, e teñen problemas, e amigos.
5. Facémonos amigos deles.
6. Escudriñamos os seus devaneos máis íntimos: no limits.
7. Elaboramos un documento gráfico escabroso.
8. Asesoramos aos famosos sobre cómo gañar notoriedade: fai isto e aquilo, que perdes o tren.
9. Acordamos unha montaxe.
10. Asegurámonos unha comisión por retrasmitir a escatoloxía.
11. Invitámolos a asistir ao noso programa.
12. Acusámolos de pervertidos polas suas infidelidades (os cornos que pactaron con nós), por ir vendendo polos platós a sua intimidade, por realizar montaxes.
13. Linchámolos e humillámolos até que non queda máis zume mórbido que extraer. Para iso empregamos argumentos elitistas: eres vulgar, verdulera, ignorante...
14. Forrámonos coas comisións.
15. Presumimos da nosa estatura ética, do noso bon sentido de cidadáns de orde, da nosa profesionalidade. Repartimos consellos con arrogancia.
16. Repetimos moito: respétame, estou a traballar, eu fago as preguntas, eu son xornalista, a ti non se che coñece profesión!.
17. Buscamos novas vítimas (non hai horario: traballamos por obxectivos).
18. Non respeitamos aos que queran ficar á marxe.
19. O famoso pasa a ser colaborador do programa.

P.D.: Nunca imaxinastes un episodio violento mentres estades a ver o Tomate ou Salsa Rosa?: Entran os GEOS, din cun megáfono: "bien, vamos, desalojen el estudio!!" e comezan a repartir patadas e hostións nas cabezas dos presentadores, dos colaboradores, arrastran polo chan ao público, esparcen gasolina...


Axencia de Calidade de Inseminario