INSEMINARIO

a punk attitude

27.2.06

"Propagarse é posíbel" (2)

No último artigo de Manolo Barreiro en Vieiros, o colega inventa tres etiquetas para referirse a outras tantas etapas de Fraga á fronte da Xunta. A primeira etapa sería a do "conservadurismo dinámico", a segunda sería a do "inmobilismo conservador", e a terceira xa non lembro. O caso é que, neste panorama mundial de decrecimento dos debates tranquilos e ben argumentados, e no entrementres da sua substitución paulatina por eslógans, ideas-forza e demais morralla, os intelectuais contribúen activamente ao novo statu quo propagando máis e máis etiquetiñas, nunha competición desbocada por ver quen se fai cunha cota editorial e co lugar ao sol do suceso mediático. Pura etiqueta sen apenas raíces, envoltorio con contidos débiles. Alianza de Civilizaciones, España en Red, Equidistancia con los Violentos, Buenismo, Capitalismo de Ficción...

E digo eu, non debera Inseminario contribuir a exacerbar todo iso saturando o mercado de conceptos sen significado?. Acaso non fai parte da mesma esencia da SuFaTo (Movimento Incendiário SúperaFavordeTodo)?.

Non só é que é posíbel, senón que é ineludíbel.


Dottore Mignoca