Super a favor do Estatuto de Región
Xa está. Xa está decidido. Decidín ter FÉ, moita fé, vou ser un CAMPEÓN DA FÉ. Así, vou crer de xeito total e absoluto no ESTATUTO. Completamente a favor do estatuto. Eso sí, vai ser un ESTATUTO DE REGIÓN. Creo firmemente en que todo vaise solucionar cando a Región Gallega teña o seu estatuto de región. Creo que todos imos ser máis simpáticos, guapos e listos cando esteamos amparados polo estatuto de región. Creo que elas van estar máis cachondas e ser máis complacientes cando o estatuto penetre nas nosas vidas. A Región Gallega florecerá, haberá mellor tempo, seremos máis elegantes co novo estatuto de región, tamén por fin seremos auténticamente ricos, ricos regionales.
É máis, tan superafavor do Estatuto de Región estou que vouno reinvindicar para a miña iguana e por suposto que para todos os meus órganos vitais (inda que algúns xa o teñen).
Lembrade irmáns inseminarios: tende FÉ no ESTATUTO DE REGIÓN. Ninguén sen o seu Estatuto de Región. Non ao estatuto de nación - non ao estatuto de autonomía!!
Estatuto de Región xa!!
Mesías Meinhof
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home