INSEMINARIO

a punk attitude

18.2.06

Obsesións e Comportamentos do Auténtico Nacionalista de Esquerdas

1. A lingua: fala moito da lingua, é un tema que o ten en vilo, nun suspiro. Ademais, cando se expresa faino esaxerando o seu ruralismo, preferibelmente con gheada.
2. A UPG: debe ter unha posición clarísima sobre este tema, ou superafavor ou superencontra.
3. España, ou mellor dito, o españolismo. Instancia mítica que artella o imaxinario da comunidade nacionalista. Non se sabe moi ben en que consiste, e iso fai parte do seu suceso: é un concepto flexíbel que serve para un roto e para un descosido e todo o explica. Cada Auténtico Nacionalista de Esquerdas proxecta sobre ese termo os seus próprios medos e complexos.
4. Os nacionalismos catalán e basco: son infalíbeis, nada do que digan ou fagan pode estar en discusión, non se concibe que poidan estar equivocados ou que os seus intereses poidan perxudicar a Galiza.

Colectivo Inseminario