Protocolo para Reunións dos Auténticos Nacionalistas de Esquerda
1. Xúntanse varios Auténticos Nacionalistas de Esquerda.
2. Falan e falan sobre o tema da lingua, e ao final conclúen que habería que montar unha asociación cultural.
3. Un par deles, os máis motivados, falan con outra xente para reclutala.
4. Consiguen reunir a uns 20.
5. Logo de varias divagacións, e exactamente no terceiro turno de intervencións, propoñen crear unha revista.
6. Dous (que non eran os inicialmente motivados) póñense á frente.
7. Piden unha subvención.
8. Non lla dan.
9. Tras moito esforzo e queime persoal logran sacar 3 números.
10. A revista morre.
Axencia de Calidade de Inseminario, coa inestimable colaboración do Subcomediante R, membro por vez da Axencia de Calidade de Inseminario e do Colectivo Inseminario desde xa mesmo
3 Comments:
Real como a barba de um autêntico nacionalista de esquerdas!!
;-D
Há que citar fontes, plagiadores!!!
Sub R
sí, distínguense dos rockeiros en que duran menos números, e dos comiqueiros en que duran maís...
saúdos a todos
Wenceslao "Activista concienciao"
Enviar um comentário
<< Home