INSEMINARIO

a punk attitude

28.2.06

Super A Favor do Tunning Galego


Existe un tunning galego? contundentemente, a resposta é Si. De feito podemos considerar que hoxe por hoxe a Región Gallega é o lugar con máis Tunning do mundo mundial. Vexamos.
nível 1: Non hai galego bo sen que no seu coche (vehículo, auto ou carro) sexa posta unha pegatina branca coas misteriosas letras GZ.
nível 2: repítese o GZ pero esta vez xa coa pegatina azul pequena a a carón da matrícula.
nível 3: unha pegatina negra cunha banda azul coas verbas NUNCA MAIS en branco. Suponse que denota pertenza tanto á Región como a algún tipo de secta metafísica.
nível 4: miniatura dos típicos zocos da Región Gallega colgados do espello retrovisor.
nível 5: gaita en miniatura colgada do espello retrovisor.
nível 6: símboloxía céltica irlandesa (?) en forma de autocolante (ou carro-colante).
nível 7: gran autocolante coa bandeira da Región Gallega cunha gran estrella vermella no seu centro. Denota pertenza á Región e máis a algún tipo de sindicato ruso do crime des-organizado.
O Colectivo Inseminario amosa o seu apoio absoluto ao Tunning Galego: todos os carros galegos levaran os 7 níveis completos de tal xeito que todos acadarán exactamente a mesma personalización.
Sociedade para o Desenvolvemento do Tunning Galego (SDTG)
baixo a supervisión do Comité Super a Favor da Igualdade (CSFI)

2 Comments:

At 3:16 da tarde, Blogger besbe said...

Pregunta de futura tuneadora nivel 1...¿a pegatina que efectos sufre dentro dun túnel de lavado?

Gracias de antemán.

 
At 8:34 da tarde, Blogger inseminario said...

Depende. Pode tremer de gozo, pode deixar asomar unha bagoa, pode enrrugarse... Mesmo se é de má calidade, pódese esvair e revelar un CAT ou un EUZ. Mais normalmente brillan, contentas.

 

Enviar um comentário

<< Home