INSEMINARIO

a punk attitude

7.3.06

En contra dos deporte prehistóricos e protoespañois

Defendamos o deporte galego contemporáneo. ¿Selección galega de futebol?: ¡Non!. Non máis deportes alienantes e colonizantes. Boa parte dos deportes que se práctican orixináronse a partir de actividades productivas, así as competicións de vela proceden das carreiras dos pescadores por chegar primeiros có peixe a porto e o lanzamento de jabalina procede das prácticas dos cazadores. No caso da loita grecorromana a ningúen se lle ocorre cal é a gracia de dous tios gordos tirándose dos calzoncillos.
¿Cal é entón a auténtica esencia do deporte galego?. Onte ese grande sociólogo que é López Veiga nos desevelaba as claves: no seu pobo a xente práctica a agricultura por hobby. Acabamos de descubrir o deporte contemporáneo galego.
Pasos a dar a partir de agora:
1) Definir as novas modalidades deportivas: Lanzamento de sacho, 110 metros sebes, fouceo (práctica tradiconal de loita con fouciño orixinada nas antigas disputas pola terra), leiring (leira a través),...
2) Diseñar os novos aparellos deportivos: o sacho fucsia de nike-women, fouciño adidas plateado, zocos anatómicos transpirables de puma (Dispoñibles en 70 cores e con versión descalza para o verán)..
3) Creación de escolas deportivas de alto rendemento aproveitando os fondos europeos para o desenvolvemento.
4) Creación do libro dos records do deporte galego auténtico. Así, por exemplo, o Diestéfano do fouceno sería o Belarmino de Chantada, que nun só asalto se cepillou a sete. Se ben foi cunha navalla, tamén é certo que o instrumental deportivo non estaba homologado de aquelas.

A espera de novas propostas, despídese o

Comité super a favor de todo

2 Comments:

At 6:42 da tarde, Blogger acedre said...

Mui divertidos perecen eses deportes.
Non sei se conheces un que xa leva o seu tempo neste mundinho do blog.
http://ovaral.blogspot.com/

 
At 10:37 da tarde, Blogger inseminario said...

Absolutamente superafavor, absolutamente regionalista gallego, absolutamente homologado pola Axencia de Calidade de Inseminario. Os meus parabéns máis absolutos posíbeis. Deslumbrante. Dottore Mignoca.

 

Enviar um comentário

<< Home