INSEMINARIO

a punk attitude

16.3.06

O Gallegosexual

o comité Super a Favor de Todo (SuFaTo) quere amosarse en esta ocasión SuperaFavor do GALLEGOSEXUAL.
qué é o Gallegosexual? ben, vimos de asistir á eclosión e morte do metrosexual e agora do ubersexual. non son máis que modelos de home contemporáneo que nos tratan de ofrecer as mutinacionais de nacións extranxeiras (nos estamos a Favor das Multiregionais da Región) para cinguirnos aos seus simples pero rentábeis cánones de comportamento, beleza e consumo.
O colectivo Inseminario pertence a un podelo propio, Regional, baseado na modernidade e sen un ápice de tradizón, trátase do Gallegosexual.
O Gallegosexual é moi sexual, sensual, simpático, intelixente, brillante, listo, carismático, elegante, fascinante, arrebatador, divertido, serio, optimista, indolente, activo, dinámico, guapo, agradabel, ule ben sen empregar desodorante, sabe comer e incluso, as veces cociñar, sabe beber, durmir e drojarse, rural e/pero urbano , coñece as mellores escenas do porno mundial e, tal e como se explicita máis abaixo, pasa do fútbol e dos outros deportes primitivos protoespañois, así como de saber de coches, buxías, tapas de delco e cousas así, non é tenro nin ñoño, prefire follar antes de ir ó cine, viste de sí mesmo, etc etc. a veces incluso tamén é rico (estamos nelo).
o Gallegosexual é o home do futuro:
(canto antes vos decatedes, nenas, mellor para vós),
(canto máis tardedes en decatarvos, nenos, mellor para nós).
Dr. Osmond

8 Comments:

At 8:51 da manhã, Anonymous Anónimo said...

E digo eu.....

Ese gallegosexual do que falades é fillo de galegos?

Por que eu asumo que a nosa é a raza filloputagalica, co cal paréceme incrible que de seres que andaron a mover os marcos dos veciños toda a puta vida e outras cabronadas naza un ser tan encantador....

(Absurda)

 
At 9:15 da manhã, Blogger inseminario said...

obviamente trátase dunha mutación inseminaria e como ben se di, basease na modernidade e obvia a tradizón. é aí a explicación a tal cuestión.
Dr. Osmond

 
At 3:01 da tarde, Blogger Luzinha said...

E logo onde se atopam esses moços?
Nom é que eu tenha interesse no "gallegosexual", mas tenho umha amiga que...
;-P

 
At 9:12 da tarde, Blogger besbe said...

Oh si, que vaian movendo os marcos cara estas leiras. Non hai que perder os costumes, así que vamos ao muíño.

 
At 9:43 da tarde, Blogger inseminario said...

querida luzinha, querida besbellinha: estades na leira axeitada.

 
At 9:44 da tarde, Blogger besbe said...

A ver que plantas.

 
At 10:03 da tarde, Blogger inseminario said...

achégate, achégate

 
At 4:05 da tarde, Blogger acedre said...

Ei, quen vos mandou falar de min ?.

 

Enviar um comentário

<< Home