INSEMINARIO

a punk attitude

29.5.06

Teoría do desenvolvemento

A teoría do desenvolvemento susténtase en dous principios:

  1. As oportunidades de desenvolvemento son escasas, é dicir, non existen oportunidades de desenvolvemento para todos os territorios.
  2. Os auténticos imprescindibles para que se produza o desenvolvemento son os bobos: aqueles de desaproveitan as súas potencialidades, multiplicando así as oportunidades de outros de desenvolver as súas. É dicir, si algúns territorios se desenvolven é por que aproveitan as súas oportunidades e outros non o fan.

Os bobos son, por suposto bobos territoriais, unha forma de consciencia colectiva que se ancla no subdesenvolvemento.

Un exemplo de bobo territorial é o Concello de Ribeira, que conta cun recurso excepcional para o seu desenvolvemento no parque natural de Corrubedo. Sen embargo, nos lindes do parque se autorizou unha canteira que destroza a unidade da paisase, se van autorizar urbanizacións e se están a facer polígonos industriais (en breve se vai a autorizar un novo ao final da praia do Vilar).

Non obstante, hai que destacar ("en positivo") a creatividade do Concello de Ribeira, que ven de inventar o polígono industrial disperso. Están a conseguir encher todo o concello de polígonos de modo que se consigue anular a súa principal vantaxe, concentrar a industria nun determinado lugar evitanto inferferencias nos usos do solo. Así mézclanse praias, polígonos, zonas residenciais, etc.

Dirá algún: "é que o verdadeiro progreso está na industria". E pode ser, seguramente pase que o que escribre esto non teña nin puta idea de desenvolvemento (de feito son cociñeiro), pero si o desenvolvemento ven da industria por que carallo protexen o parque?. Mellor que poñan unha megapiscifactoría e usen a area excedente para construir torres de 40 pisos en Aguiño, que eso si que é progreso. Ou non?

El señorito Pepis

2 Comments:

At 3:51 da tarde, Blogger inseminario said...

ademais, compañeiro pepis, hai que ter en conta que na Región Gallega o desenvolvemento aínda é denominado co termo 'desenrolo' o cal aporta tanta confusión que merece ser adoptado superafavor pola colectividá inseminaria.

 
At 8:38 da tarde, Blogger inseminario said...

Interesante apreciación. Desenrolo: que se desgai o rolo (rollo), e dicir, que non hai rolo, non mola é chuno. Entón estamos super a favor do rolo. Bon rolito e esas cousas

 

Enviar um comentário

<< Home