SuperaFavor do "non-practicantismo"
o Laboratorio de Ideas Avanzadas de Inseminario (LIAI) quere recoñecer o labor do catolicismo. Si, si, do catolicismo, leron vostedes ben. o catolicismo fai anos que incorporou un concepto vangardista e inseminario (valga a redundancia) que é o do "non-practicantismo", é dicir, un podía ser católico non-practicante e beneficiarse así das grandes vantaxes de ser católico pero ao mesmo tempo ter as vantaxes de non ter que practicalo.
sen dúbida é unha concepción avanzada da militancia. vexamos algún exemplo:
sen dúbida é unha concepción avanzada da militancia. vexamos algún exemplo:
- vexetariano non practicante (ideal para os amantes do churrasco)
- socialista non practicante (ideal para os militantes do psoe)
- ecoloxista non practicante (ideal para o ecoloxismo da Región Gallega)
- comunista non practicante (ideal para empresarios con resíduos de conciencia)
- solidario non practicante (ideal para os guais)
- honesto non practicante (para todo o mundo)
- feminista non practicante (maltratadores e mulleres pusilánimes) e incluso
- SuFaTisTa non practicante!!! (outro terrorismo é posíbel).
LIAI
1 Comments:
Incluíde o galego-falante nom practicante
;-P
Enviar um comentário
<< Home