Un novo himno para a Galiza
O Comité Inseminario para a Alianza de Civilizacións e os Turróns el Almendro que Volven a Casa por Navidad (CIACTAVCN), sempre atento aos debates máis candentes na rexión gallega, quere facer a súa aportación ao oportuno, orixinal e moi agudo debate sobre o himno galego. Evidentemente sumámonos ao rexeitamento dos insultos presentes no himno (Menos férido, que non sabemos o que significa) e denunciamos o seu carácter excluinte e sectario.
A nosa proposta en positivo é que se adopte un novo himno. Rexeitemos os remendos, aproveitemos a posibilidade que esta ocasión nos brinda para proclamar un himno a altura dos tempos, como vocación universalista e que á vez enardeza ás huestes; con contido en valores (como a amistade) e que defenda a loita do pobo; que respecte todas as sensibilidades e opcións sexuais; que sexa épico e glorioso, triunfante!...
O Servizo de Prospectiva Holística de Inseminario (SPHI), xa ten a resposta a todos estes retos.
O noso himno debe ser: "We are the champions".
Eduardo Mercury
4 Comments:
pero qué pasaría se tocamos we are the champions con zanfoña?
e con maracas? o co djembé?
Ver o We are the champios con zamfoña sería bonito.
E ver aos da UPG puño en alto cantando o We are the champios non ten prezo.
mmm eu sempre estivem mais a prol dum hino bailável, havia de lhe dar um outro jeito aos actos patrióticos. "Já sei namorar" é umha opçom.
Apertas
São Tomé
Épico pero bailábel: A SAIA DE CAROLINA...
Enviar um comentário
<< Home