SuperAFavor de AC/DC
En Inseminario, tras someternos a unhas duras xornadas de reflexión (sen que serva de precedente) e considerar o tema dende todos os ángulos posibles, decatámonos, como é natural Super A Favor de AC/DC. Poderíamos desenvolver os porques (supoñendo que fora necesario), pero Antón Reixa faino moito mellor ca nós.
O feito de que a Consellería de Cultura demandara a nosa opinión ao respecto e de que finalmente vaiamos ter un edificio neste complexo cultural chamado "Edificio Inseminario" adicado á reflexión, debate, apoio, creación e promoción do Cluster do Punk na Galiza e no Mundo con diferentes áreas temáticas: " a punk attitude", "o obxectivo é a confusión", "outro terrorismo é posible", etc e o feito de que incluso haberá unha sede descentralizada para o partido Reticencia Galega, non ten absoultamente nada que ver co noso apoio incondicional Super A Prol de AC/DC.
Nós, como Reixa, criticamos a quen critica AC/DC posto que criticar é sinxelo, económico e produce grandes satisfaccións.
Tamén queremos facer notar que estamos abertos a mellores ofertas.
Preguntado Pérez Varela sobre os apoios incondicionais de Inseminario e de Reixa a AC/DC, manifestou que non se pode deixar este proxecto en mans de irresponsables semellantes e que a súa idea (sic) inicial era radicalmente diferente.

Comité Inseminario Super A Prol de AC/DC (A Carallada da Cultura)
2 Comments:
propoño (que aínda están a tempo) derrubar a cidade ou poboado da kulturra e que trasladen a catedral para alá. Depois no obradoiro que constrúan un enorme estadio de fútbol e que se cré un equipo competitivo que chegue a gañar a liga de champiñóns inclusive.
Hai sitio pa todos e pa todas nas intalacións AC/DC sourranding... por iso, e co obxectivo de pensar outramente, propoño, no nome do colectivo reticentista e a título particular -aínda que sempre respectando á maioría, como non podía ser doutro xeito democráticamente falando-... un inseminario sobre a cultura mesetaria e "A repercusión da súa paisaxe na mentalidade de quen tal habita", co subtítulo explicativo de "pensar outramente: tamén na región gallega é posible". E, para non deixala valeira de contido, despois de almorzo con zume e café -para todos e todas, e unhas galletas cuétara, por suposto-, algo así como:
a- O cultivo de secano afecta ós nosos maiores.
b- A fin da reuma.
c- A fin do can de palleiro e as súas perpectivas.
d- Como customizar unha segadora industrial.
e- Variedades de porquiño asado.
f- As sopas de allo e a súa cumplimentación culinaria nos invernos de clima continental seco.
g- Horizontes planos e a súa incidencia psi/
h- Ancho é o mundo.
i- Alienacións peninsulares.
E por último, xa chegando a mediodía:
l- Como boto en falta unha verduriña.
Así, pensando outramente, seremos finalmente de volta nós de novo.
Enviar um comentário
<< Home