INSEMINARIO

a punk attitude

13.6.07

O Atraso Litoral da Galiza

O famoso economista, xeografo, xestor, planificador, quiropráctico e poeta Quin Crespo Tourín ven de pronunciarse a favor de que as rías galegas se convirtan por fin no auténtico elemento de desenrolo do litoral galego. "Las rías - di o Gurú - lo único que crean son problemas: su humedad trae reumaspara la población anciana, si les echas unos residuos ya está Europa con que hay que sanearlas, gastando unos recursos ingentes, no sirven como área de baño, están llenas de bichos, etc."
Quin Crespo Tourín pronunciouse SuperAFavor do asfaltado das mesmas: "podríamos montar grandes polígonos industriales que generarían riqueza, con fábricas como celulosas o plantas regasificadoras en cada ría, haciendo del noroeste Español en un gran complejo". Igualmente Quin Crespo Tourín loubou o grandes espacios planos e abertos "habría sitio para todo, urbanizaciones de lujo, campos de golf e incluso podríamos poner algún espacio protegido, para que luego no digan y vengan los de los mariscos, esos delicuentes, quejándose". Igualmente se preguntó: "Cuánto le cuesta a cada gallego lo de las rías?".
Tanto os Gobernos como a Oposición mostraron o seu interese polas propostas do mago da economía "é unha propuesta de grande interés para Galicia" manifestou o Presidente, "eso xa o faciamos nos" dixo o líder da oposición Feijoo e mesmo o vicepresidente Quintana manifestou "é unha gran oportunidade para Galiza", inda que cremos que foi preguntado polo mercado polaco de tubérculos.
Preguntados sobre a posible ilegalidade debido ao impacto ambiental provocado, todos eles coincidiron nun lacónico "bueno, vaise facendo e logo xa está feito".


Amin Plin

1 Comments:

At 9:41 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Quedei abraiada: qué visión de futuro, qué economía de medios, qué optimización de recursos, qué grande cabeza a de este home!!!!

 

Enviar um comentário

<< Home