INSEMINARIO

a punk attitude

24.7.07

Os libros arden ben!

A Comision da Region Gallega para a Igualdade Racial, de Xénero e para a Hixiene Moral en Xeral (CRGIRXHMX), quere manifestar o seu total desacordo coa idea de que a cultura nos fai libres, de feito non estamos de acordo nin coa cultura, nin coa libertade. O relativismo moral que envolve a sociedade occidental nos últimos anos é o vento sobre o que cabalga o mal. En consecuencia, é a nosa responsabilidade recuperar o máis granado da nosa tradición literaria, esto é ,queimar os libros, así como cedeses e outros soportes de contidos potencialmente dañinos.
Os libros que a continuación se citán, constitúen a expresión do mal e atentan contra os valores esenciais da nosa sociedade moderna dende a tradición e debareselle aplicar a axeitada profilaxe:
  • Tintín en el Congo, por basearse en estereotipos raciais atroces.
  • Asterix e Obelix, polo trato claramente xenófobo e ridiculizador que se lles da aos romanos.
  • Esther y su mundo, por contribuír a asentar entre a poboación feminina estereotipos patriarcais, machistas e retrógados.
  • El Jueves, por atentar contra la dignidad de El Rey (Elvis vive!).
  • As películas do oeste, por ofrecer unha imaxe sesgada e cargada de prexuizos racistas sobre os americados orixinarios.
  • As películas de gansters, xa que o consumo patolóxico de tabaco que nelas se produce contribúe a difundir na sociedade hábitos non saudables, e constitúe un mal exemplo para os nenos.
  • As películas de Wong Kar Wai, porque as asiáticas que saen nelas producen estragos na tensión arterial dos espectadores.
  • Os Teletubbies, porque inducen á confusión dos nenos sobre a súa propia sexualidade, constintuíndo unha forma abxecta de proselitismo gay encuberto.
  • Winnie de Pooh, por aproveitarse da candidez da infancia para fomentar conductas sexuais desviadas.
  • Batman e Robin en todos os seus formatos, xa que a relación de dous tíos con máscaras y pantys que se ven nunha cova e un deles se chama petirrojo, resulta claramente sospeitosa de toda perversidade.
  • Os cedeses de Barricada, Fermin Muguruza, MCD, etc, así como calquera outro idenficado pola AVT como antipatriótico.
  • Todos os libros de Educación para a Cidadanía, expresión do mal en si mesmo. Participar nesta asignatura e colaborar con Mal.

En canto as novelas contemporáneas en galego, dado que non se entende o que din e até que sexa descifrado o seu contido deberán ser retiradas do mercado e mantidas en corentena. Se pasados os 40 días, non se entendeu o que din, tamén serán queimadas.

Camilo José Cela D´or

9 Comments:

At 1:33 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Agente Flórez
Patriota galego!!!!

 
At 7:17 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Como me quemeis a Sanchez Dragó os como los huevos!!!

[Un EXpontáneo]

 
At 9:26 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Me parecen pocos. Y a Sanchez Drag� a la hoguera con �l.

 
At 12:13 da tarde, Blogger inseminario said...

Super a favor: Sánchez Dragó a fogueira tamén!De feito calquera formato libro é por defecto sospeitoso.

 
At 12:44 da manhã, Anonymous Anónimo said...

¿e que facemos con arrabal? ¿os flambeamos?

 
At 10:56 da manhã, Blogger inseminario said...

No caso de Arrabal, flabealo é o máis facil, por que xa leva o alcohol incorporado

 
At 6:51 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Tengo una duda: �qu� hacemos con "El Capital" de Marx (de Karl)? porque si atendemos lo mal que le ha sentado leerlo a la generaci�n que est� ahora en el poder pues es como para quemarlo.

 
At 1:15 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Reivindico unos medios de información enteros así que mientras sean "medios" .... a la hoguera con ellos.

 
At 2:19 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Hai que quemar todo o que esté polo medio: os medios, os másmedia, as medias, as mediastintas, os intermdidios e sobre todo a os mediocres

 

Enviar um comentário

<< Home