INSEMINARIO

a punk attitude

21.6.07

Subvenciónanse feos/as.

Inseminario amósase SuperAFavor da Xunta. Reticencia Galega declara non só o seu apoio incondicional senón o seu amor infinito.
A Xunta en vez de facer o propio, é dicir, deportar/expulsar/encerrar/prohibir/executar/tapiar/enterrar/....... os feos e as feas e, en xeral, todo aquelo que non é bonito agora PRÉMIAOS!!!
Así que non preocuparse, se tes as tetas demasiado grandes, demasido pequenas, extrávicas, se tes cartucheiras ou nariz tipo tubérculo masivo, se te pareces aos irmaos Kaczynski, se esa sensual barriguiña transformouse nunha tripa noxenta, se vistes que das pena, ........
NON TE PREOCUPES!!!
AGORA A XUNTA DACHE ATA 6000 EUROS PARA CORPORACIÓN DERMOESTÉTICA.

E todos felices*

* NOTA: En Inseminario non nos fai falla esta medida porque como todo o mundo sabe somos fermosísimos, divinos, agora ben, estamos dispostos a axudar á Xunta a través dos nosos impostos para contribuír á expansión da beleza. Esto é solidaridade ben entendida e o demáis son coñas.

7 Comments:

At 5:29 da tarde, Blogger TXARI said...

si, precisamente figharame eu estes días nese asunto e reflexeino num post...ser feo, produce compaixóm...

 
At 5:22 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Hombre, tambien, me lo podias haber dicho personalmente en lugar de escribirlo en un blog para que me entere. (erase una ninha a una nariz pegada...)

 
At 1:45 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Superafavor das operacións estéticas obrigatorias para todo quisque! Quen non se opere que vaia á cadea xa mesmo, hai que inocuizalo, sacalo da circulación, matalo se é preciso!!!

 
At 9:29 da manhã, Anonymous Anónimo said...

http://galiciaconfidencial.com/?p=1888#more-1888

AI MAMAAAAAAAAAA!!!

 
At 10:59 da tarde, Blogger Raposo said...

Pois eu vou a apuntarme, que necesito un arregliño.

 
At 2:27 da tarde, Anonymous Anónimo said...

O problema e cos guapos son sempre os que marchan ...si non mirade a Arxentina

 
At 7:38 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Operate ...

 

Enviar um comentário

<< Home