INSEMINARIO

a punk attitude

22.11.07

O PP é sostenible

O Comité Inseminario Para a Prevención do Cambio Climático e a Proteción das Bolboretas Galegas (CIPPCCPBGA), quere manifestarse super a favor do diputado do partido popular Jaime Castiñeira, que no día de onte declarou no Parlamento Galego: "me da asco tanto jabón".
Efectivamente o uso excesivo de xabón é nefasto: provoca sequedade na pel, leva asociado un alto e innecesario consumo de auga, é precisa unha grande cantidade de enerxía para quentala, provoca unha elevada contaminación dos rios por fosfatos e unha perda lamentable de tempo en duchas diarias.
Inseminario, nunha proposta que conxuga modernidade e tradizón, propón que nos duchemos un máximo de 2 veces por semana. Antes duchábamonos só os domingos na aldea e non pasaba nada!.
Súmate á campaña:
!Menos limpeza e máis naturaleza!.

Alberto Sanguinolento

5 Comments:

At 7:44 da tarde, Blogger Chousa da Alcandra said...

Quedouche moi ben o post, sobre todo co acrónimo tan logrado.
Saúdos dende a Chousa

 
At 1:33 da manhã, Blogger inseminario said...

Gracias polo comentario, pero debémosllo todo a nosa musa: Jaime Castiñeiras

 
At 3:13 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Eu penso que a obsesión pola limpeza ten moito que ver co sentimento de culpa: por máis que se lava, se lava, e volta a lavarse non quita denriba ese sentimento.
É unha sorte de trastorno obsesivo compulsivo, esto é, unha enfermedade cómun marcada polo factor "inseguridade", derivando en moitos medos e ansiedades, que nalgúns casos provocan manías que se aprecian en actos repetitivos sin sentido, como o de lavarse unha e outra vez, todos os días e a todas horas. Entre os tipos de TOC (trastorno obsesivo compulsivo) están os lavadores e limpadores, verificadores, ordenadores, acumuladores, ritualizadores mentais, atormentados e obsesivos puros.
Afecta a 100 millóns de persoas e moitos deles (maioría homes) aglutínanse en partidos políticos entre os que destaca pola cantidade de "trastornados/as" o Partido Popular de quen ben é portavoz da obsesión pola limpeza Jaime Castiñeiras.

superaprol da igualdade!

por certo, onde está esa chousa da alcandra? coñezo outras pola zona máis esa non.

 
At 7:28 da tarde, Blogger Pardal (Emílio) said...

Este comentário foi removido pelo autor.

 
At 7:33 da tarde, Blogger Pardal (Emílio) said...

E sabes quem tinha essa teima de lavar as maos decote, sobre tudo apôs de ter contacto com a gente? Nao era outro que o papa Pio XII, conhecido pela sua morna resposta ao holocausto. Quem conta esta particular loucura do papa é seu biógrafo e médico: Galeazzo-LIssi.

 

Enviar um comentário

<< Home