INSEMINARIO

a punk attitude

3.3.08

UPyD ?

UPyD. Senón estiveramos SuperAFavor de Reticencia Galega, a auténtica forza SuperAFavor de Todo, auténtica, aglutinadora, etc estaríamos a SuperAProl de UPyD por moitos motivos:
* o primeiro, e máis importante, é que empregan a cor maxenta. Non fagamos como os homes típicos e digamos "magenta es un color?, pensaba que era un delantero argentino" e cousas deste estilo. A cor maxenta pertence ao mesmo grupo que o rosa-punk-fuscia e iso agradable.
* Rosa Díez é o que parece.
* Rosa Díez ten uns cartaces co seu DNI no que di "lo que nos une" ou unha cousa así. Nos por suposto, estamos SuperAFavor da Unión e do DNI e tampouco temos nada en contra do nacionalismo.
* É inquedante sentirse unido a un carniceiro de Teruel ou a unha cachonda do Puerto de Santa María que teñen un papeliño plastificado semellante ao meu.
* Promenten que todos imos ter unhas casas moi moi grandes con salóns de 480 m2: o espacio necesario para colocar os cubos estes de Ibarrola e non velos moito, o xusto para xogar ao escondite ou aparentar cos parientes da aldea que che gusta a arte moderna ou rirte do paspán que di "esto lo podría hacer mi niña de 2 años" (claro, el de adulto, non, que para eso é intelixente).
* Plantea un problema filosófico clásico para debatir de corte ortegiano: "todos minten", se todos minten, eles minten?, é esto verdade? é mentira que todos minten? é verdade? é verdade que é mentira que todos minten? etc.
* Fernando Savater podería ser Ministro de Defensa e/ou de Interior.
* etc.

Sonrojado

3 Comments:

At 10:16 da manhã, Anonymous Anónimo said...

cousas das que estou super a favor,

-para xogar a ser reticente-

1. de xogar ao escondite, malia que prefiro para tal xogo os espazos pequenos.

2. de darme o gusto, como R.D.

3. de que haxa algo que me une a..., non sei, ángel.

4. de que a verdadeira labor de propagación inseminaria sexan as cores, por contaxio o próximo será a música e poderemos ver así a Savater con algo máis que as gafas dunha cor estravagante. E cun imperdible nalgures.

 
At 12:32 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Pero UPD non era Upa Dance? Porque eu votei pensando que eran eles!

 
At 6:21 da tarde, Anonymous Anónimo said...

O movimento de ameixas psicoanalistas pola igualdade o que ve en UPyD é tremendo complexo de inferioridade, resentimento e narcisismo.Por outra banda pensamos que a paciente Rosa Díez manifesta unha moi baixa autoestima ao buscar o apoio masculino de personaxes como Savater, Vargas Llosa...Merece a pena?""

 

Enviar um comentário

<< Home