INSEMINARIO

a punk attitude

12.2.08

Campaña: Axuda a Rajoy!

Rajoy pretende impoñer as costumes Españolas aos inmigrantes. Nos estamos SuperAFavor de Rajoy, dos inmigrantes, das Costumes, e das Españolas, todo xunto e por separado.
Agora ben, sabedores de que non todas as costumes teñen o mesmo peso, cáles serían as prioritarias a impoñer? Exemplos non faltan: Falar cun palillo na boca? Mallar na muller? Tirar o lixo sen disimulo pola ventanilla do coche? Soster, veña ou non a conto, que o xamón é o mellor do mundo? Insultar aos deportistas Afro-africanos? Especular co ladrillo? Emborracharse para ligar? .....
Para nos é unha incógnita, así que Axuda a Rajoy e dinos cál é a tua costume española favorita!!!


gustameofacil.com

3 Comments:

At 10:04 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Por exemplo é bastante español o bonito costume de dar unha hostia na barra do bar mentres bramas henchido de santa indignación: "esto lo arreglaba yo en 24 horas!!". Mirada perdida e tubo de tinto mediado.

 
At 10:36 da manhã, Anonymous Anónimo said...

lavar o coche os domingos pola mañá

 
At 11:57 da manhã, Anonymous Anónimo said...

En Locombia cantan e bailan tonadas mulatas como o berejú, a juga, o maquerule, o aguabajo, el bunde, el currulao, patacoré, pango, andarele, caderona, tiaguarandó, o calipso...(só no Chocó!)
Non sei si é costume, tara ou enfermidade eso de crernos o máis, como si non tiveramos nada que aprender dos e das inmigrantes..uf!
Superaprol da riqueza e o aprendizaxe da danza popular colombiana, cubana, africana...

 

Enviar um comentário

<< Home