INSEMINARIO

a punk attitude

19.1.08

Inseminario descodifica "Galicia, somos potencia"


A Vicepresidencia de Benestar e Igualdade xunto coa Consellería de Industria veñen de lanzar unha campaña chamada "Galicia, somos potencia".
Esta campaña xerou todo tipo de especulacións sobre o seu verdadeiro sigificado: trátase dunha campaña a favor da enerxía mareomotriz? Qué ten que ver o mar coa Industria? é unha campaña para facer máis portos deportivos? Está a punto de anunciarse unha enerxía que nos proporcionará benestar baseada nos mexilóns e nas lapas?.....
Ben, Inseminario, coa inestimable axuda da Profesroa Manhattan, vimos de descubrir de qué se trata realmente:
É unha subliminal campaña en contra da Impotencia e que anuncia a tremenda potencia sexual dos varóns da Región Gallega. Con qué fin? obviamente turístico; se os varóns teñen Cuba e Thailandia para ir foder, preténdese potenciar Galicia como destino turístico sexual para as mulleres de todo o mundo (tamén de gays, obviamente), a satisfación está garantida, en definitiva Benestar e Igualdade. Nos videos podemos observar constantemente homes fornidos de todas as idades en diferentes actividades configurando unha imaxe global de forte carga homoerótica. Podemos captar esas mensaxes subliminais que lanzan: "A nosa forza interior fainos potencia", Cál será a potencia dos nosos actos?". Eh!? aí queda eso.
Por si non o tiverades xa claro, observade a foto: espuma branca dunha onda estallando con forza cal onírico orgasmo pancósmico, letras blancas como pingando ... en fin.
Estaba claro, sí, pero tivemos que ser de novo Inseminario quen interpretara a realidade.


Watioman

6 Comments:

At 6:55 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Super a favor, entón da campaña!!

 
At 10:06 da manhã, Blogger Unknown said...

A min gústame es este tipo de accións. Viva Galiza¡¡ e que carallo SOMOS POTENCIA!!

 
At 1:09 da tarde, Blogger Unknown said...

Temos grandes empresarios, grandes deportistas e aínda encima unha gran terra.
Somos unha potencia

 
At 10:13 da tarde, Blogger Chousa da Alcandra said...

Excelente a tua interpretación.
Supoño que os que estudamos no SEMINARIO imos ser os abandeirados da campaña.

Galegos! en pé!

 
At 11:49 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Si Galicia forma unha persoa,
sería unha muller inorgásmica,
que aínda ten medo de ser libre,
sería un home prepotente,
que aínda ten medo de amar.
eu, por suposto,superaprol da igualdade sexual!

 
At 12:54 da tarde, Blogger lolidiaz said...

Arriba os galegos e igualdade entre sexos

 

Enviar um comentário

<< Home