Avances culturais: inaugurar unha biblioteca sen libros
Un nunca sabe o que pode atopar nos libros. Son obxectos pequenos, de papel, aparentemente inofensivos pero que os carga o diaño. Así que nunca se sabe.
Eso pensan no Ministerio de Cultura e na Xunta, con toda a razón do mundo, por iso, e atendendo a lexendaria prudencia do Gallego Medio, inaugúrase unha biblioteca sen libros. Sen dúbida unha medida tan prudente como cabal e en perfecta coherencia coa súa máxima: discursos baleiros de contido.
Propoñemos, na liña SUFATO, museos sen obras de arte (a arte, xa se sabe), concertos sen música (excita á xuventude), cocido sen porco (colesterol...) , libros sen verbas (non vaia ser), parlamentos sen deputados (quén sabe o que pode pasar), copas sen alcool (logo crean blogs por aí adiante), partidos sen ideoloxía (é dicir, de centro=dereita), etc.

Feliz e confuso 2010.
4 Comments:
postmodernismo narcisismo social imaxen mercancía
compro-vendo logo existo
poder técnica
non sentimento
baleiro
que modernota!
Propoño obras de arte sen museos
e ideoloxías sen partidos políticos.
Todas como o Gallego medio!.
alcool sen blogs
porco sen cocido (a palo seco)
e música sen concertos
porsupus
superafavor
Enviar um comentário
<< Home