INSEMINARIO

a punk attitude

20.12.07

Pobretiño

Chorar non é de homes, é de maricallas.
Solidariedade: fagamos colecta para os klinex deste currito millonario que non queren no choio.


Inseminario, ou o poder curativo do punk.

2 Comments:

At 2:38 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Máis que nada, curativo é chorar, moito máis que rabear,( aínda que expresar o enfado, a dor, poñerlle límites ao outro/a e decirlle non, é moi sanador tamén,e é necesario moitas veces para poder chorar).
Tamén necesitamos saber chorar para aceptar un non.
Se non expresamos a rabia, desenerXetizamons e non expresamos rabia, nin dor, nin na, vamos que estamos coma mortas/os. A rabia é a forza. E unha emoción sanadora, fainos recuperar dignidade.
A cousa é que non porque non expresemos a rabia, significa que non a sintamos. O problema é que buscamos xeitos de facelo sen que se note tan directamente, e así non nos axuda, ao contrario, vólvese contra nos (comportamentos autodestructivos, machaque da/do máis débil, comportamentos sexuais agresivos..)O difícil é expresar a rabia na súa xusta medida, coa persoa indicada e sen agredir. E moi liberador facelo, moito.Moitas veces enganchámonos ahí, a rabia. Eu penso que moitos homes están ahí enganchados pola súa incapacidade de expresar a dor. Porque debaixo da rabia está a dor. E posto que non poden expresar a dor, chorar, tampouco poder aceptar un NON, non poder aceptar a fustración (é o que ten a omnipotencia).
Debaixo da rabia está a tristeza,
debaixo da tristeza a desesperación
Pero debaixo da desesperación está a forza, debaixo a enerxía, debaixo o disfrute, e debaixo a alegría!! algo asi creo que son as capas da cebola...
prefiro os homes que me transmiten forza, pero forza de verdade, os que saben chorar.
canto máis choro, máis forte, ao contrario do que se pensa por ahi..
me enrollei moito? viva a liberdade de expresión!!
Superaprol da igualdade!

superaprol da igualdade

 
At 6:31 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Breaking news: Albelda non está despedido! Verémolo chorar de alegría?

 

Enviar um comentário

<< Home