INSEMINARIO

a punk attitude

13.12.07

Existe o Galleguismo?

No último Inseminario Intensivo Disperso (IID)* plantexámonos a posibilidade da existencia de Galleguistas hoxe en día.
Sempre que se fala de Galleguistas faise referencia a señores moi moi maioriños, incluso mortos, así como en plan cultureta, vestidos con traxes grises demodé e un pouquiño raidos. Homes, todos eles que tiveron unha visión. Normalmente van moi abrigados, con roupa pero tamén con adxetivos: histórico, ilustre, destacado, etc.
O IID está SuperAFavor, por suposto, pero non sabemos se estamos SuperAFavor de algo que exista. Así que xurden moitas dúbidas:
pódese ser galleguista hoxe?
podería haber un galleguista muller ou é contradictorio?
sería un galleguista de traxe gris ou podería ir vestido, poñamos, de punk rosa?
qué adxectivo recibiría? contemporáneo? actual? post-histórico?
uliría a naftalina?

Non vos cortedes, opinade. É un tema do máximo interese.

* Si, Disperso: un desaparecido na súa inner life, outro en Río de Janeiro, outro de pre-papi e outro esclavizado nunha cidade en declive. Hai que reaxir!! (ranciada galleguista, imos progresando).

3 Comments:

At 2:45 da tarde, Anonymous Anónimo said...

O galeguismo é un espírito e quén cre nos espíritus?

 
At 3:57 da tarde, Blogger Antón Pérez said...

Eu non, pero... Habelos hailos :-p

 
At 1:16 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Si, cuestión interesante esta, deixada por min un pouco de lado, debe ser que satura ultimamente, ou tamén que require lucidez nos tempos que corren...
Habelas houboas, mulleres galeguistas, como as vulpes, pero invisibles, porque o galeguismo foi tamén unha función do sistema patriarcal.
Oxe? :
Galeguismo como reproducción de ditos en doctrinas mortas, alonxadas do sentir do pobo, defendendo ideas e ao mesmo tempo criticando e aplastando de xeito humillante o sentir do pobo galego.
Ou galeguismo, que millor será cambiarlle o nome.., como o sentimento, pensamento, decisións de mulleres e homes que toman conciencia do seu poder individual como galegas e galegos, para facelo colectivo?

eu non, non pertenzo a ninguén.

a política é pensar. Os partidos políticos poñen de manifestao unha carencia de pensamento e manifestación individual, un desaxuste individual.
Aposto pola política como subxetividade(facendo eco de Jesus Ibañez), e canto máis punk, millor.
Non creo na cohesión con ningúen se non é a partir do meu propio poder. Autopoder non narcisista, recoñecendo as miñas necesidades e limitacións, e despois, as axenas.
Aposto, que non creo en espíritu ningún, polo empoderamento das mulleres e homes galegas, que posibilita a emancipación individual e a consciencia colectiva.
Iggi pop era galeguista.
grazas pola escoita,
superafavor da diferenza.

 

Enviar um comentário

<< Home