Desfacer país
Dada a gravidade do deterioro medioambiental que padece a costa galega, en parte debido á epidemia inmobiliaria que nos asola, a Consellería de Defensa da Xunta de Galicia, previo informe de Turgalicia, decidiu enviar ao destrutor "Curros Enríquez" (léase "Carhuos Enrhuiques") a bombardear cidades e vilas do litoral.
O ataque dos F-Deseuito, dotados de oxivas econucleares e misís aire-urbanización (os famosos "Esterco III" e "Purín I") foi un rotundo éxito, coa práctica eliminación das antes denominadas Coruña, Ferrol, Vilagarcía e Malpica. Tamén houbo incursións contra a flota arrastreira de Pescanova, cun saldo de 32 buques conxeladores destruídos. Non se descarta unha nova intervención nas Rías Baixas.
O movimento incendiario SuFaTo maniféstase superaprol do exército regional gallego nesta dolorosa misión de extirpar do noso país o cancro do progreso.
A Mesa Permanente pola Normalización da Fabada Litoral en SuFaTo (AMePerNorFaLiSuFaTo)
2 Comments:
Na enseada do Baño (Mugardos) e outras máis ao interior da ría de Ferrol atópanse os bancos marisqueiros máis produtivos de Galicia.
Superaprol do exército regional gallego na misión impedir a construcción dun porto exterior na ría de Ferrol. Polo saneamento da ría e potenciación do sector da pesca artesanal e o marisqueo na ría de Ferrol!
Movimento pola Igualdade das ameixas.(MOIA)
Aquí polo menos un que se adhire con entusiasmo salvaxe á nova plataforma MOIA. E desde Hierrol, of course!
Enviar um comentário
<< Home