Inseminario, tranquilo
Chegan diariamente ducias de mails preguntándonos por qué últimamente Inseminario está tan tranquilo.
Para tranquilizar aos máis de mil seguidores (1234) deste blog temos que dicir que existen diferentes razóns que explican o relax total:
Inseminario é un espacio punk, con atitude punk, polo que a chegada de Feijoo ao poder deixounos descolocados. Non podemos superar en actitude punk a Feijoo, GB e demáis colegas.
Por outra parte, o PP presentou a Mayor Oreja como candidato a Europa: tal performance punk, con declaracións e todo (abortar é malo pero a pederastia é bastante chachi), tal espíritu dadaísta deixounos calados. Afortunadamente a campaña xa rematou e Mayor Oreja fará bolos por Bruselas e Estrasburgo, lugares que son bastante europeos.
O BNG cambia de lider e pon a un punk á fronte que asusta ata aos nenos. Cómo imos poder competir nos?
En definitiva, tras o noso liderazgo, todo o mundo asume as nosas propostas ideolóxicas: a confusión continua a ser o obxectivo.
Que non cunda o pánico. Seguimos a renovar ás ideoloxías e para iso imos pasar unha enquisa á parte da poboación que corrobore as nosas hipoteses.

Delicioso pollo a la Broadster
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home