Happy FITUR, Inseminario is over
Inseminario bota o peche por non ter conseguido ser tan punk como o noso ídolo: Roberto Varela, Conselleiro de Cultura. É máis, sentímonos desarmados ante a espiral rompedora dese colectivo outsider formado polos Conselleiros de Cultura.
O mércores 21 de xaneiro, no stand de Galicia en FITUR, Roberto Varela, durante a presentación do Plan de Dinamización Turísta das Terras do Ulla e Tambre, transgresor e radical, lanzouse a gabar os múltiples atractivos dos concellos de Melliz, El Pino, Santiso, El Desvan de los Monjes......
O dito, é moito mais punk que nos. Pechamos.
El Niño de la Guía
5 Comments:
no!
noooooooooooooonnnn
non o fagades por favor!!!!!!
Nunca!. Polo que máis queirades, a región gallega non podería soportalo.
Asinado: o delegado do goberno en Viana del Bollo e 1.200 firmas máis
Non acredito... ¿Probas?
Xa hai grupo no Facebook! únete: "Eu non sei onde queda o "concejo" de El Desvan de los Monjes"
Enviar um comentário
<< Home