Feísmo: o jazz da arquitectura
o colectivo Inseminario está a Super a Favor do Feísmo. así de claro.
o feísmo non é unha deformación do espíritu cultural da Región Gallega, simplemente é un dos cumios das señas de identidade da Región Gallega, é o noso auténtico feito diferencial Gallego.
ónde, senón aquí, pódemos observar esas construccións con bloque e uralita, cemento, ladrillo, pedra, etc nunha auténtica fusión de sabores, texturas, olores...??? ónde, senón aquí podemos apreciar esa creatividade sublime? esa capacidade make yourself, ecolóxica e vangardista? esa capacidade de acollemento multicultural de tendencias de todas as culturas do planeta? Inseminario declara que os arquitectos en realidade o que promoven é que se lles contrate. para qué queremos arquitectos? para que nos saquen os cartos e nos fagan edificios standard, ñoños e aburridos, lisos e fríos? non, non, a Régión Gallega é autosuficiente.
que saímos mal nas postais turísticas? que se fodan. a ver, por qué carallo ten que axustarse a Región Gallega ao que pensen dela? non é máis sensato e demócrata que os demáis axusten á súa visión a nosa auténtica realidade artística e paisaxística, a nosa expresividade como entidade Reginal orgullosa de sí mesma? se queren postais e estampas que marchen todos para a nación Bretona.
e por outra banda, como moi ben apunta o ilustre camarada Inseminario O Piloto, por qué sempre que se fala de feísmo castígase ao rural? acaso a Cidade da Cultura non é un monumento ao feísmo? acaso A Coruña non é unha cidade/feísmo en sí mesma? acaso non é Vigo un parque temático do feísmo?
xa está ben!
o Colectivo Inseminario non aspira a ser comprendido por todos, apenas, polas élites intelectuais e as vangardas artísticas que realmente o sexan. así que se non entendes que o Feísmo é á arquitectura o mesmo que o jazz á música, fodedevos.
Dr. Osmond
3 Comments:
Grazas, grazañas por ser benvida, un día igual deixo por aquí a miña tarxeta de visita. Se vostedes se adican a ese marabilloso coleccionismo (de tarxetas de visita)noraboa.
En breve comunicareille a algún veciño que é todo un artista, heille de regalar pronto un saxofón para que conxugue as súas dotes arquitectónicas co seu ritmo musical.
e por qué non unha gaita para conxunguir tradizón e modernidade?
dr.osmond
Ben falado. Todos a rirnos do rural e a sua xente e logo van os urbanitas a cagala sendo tan espilidos como son.
Aupa o feismo !. Todos somos feos !.
Enviar um comentário
<< Home