Reintegrata Non Practicante e Dubidante (R.N.P.D.)
E digo eu que esa apelación aos 200 millóns de falantes en língua lusogalaica non debera facer parte do argumentario dos reintegratas anti-coloniais.
Ao fin, se hai 200 millóns de persoas que falan o noso idioma débese á salvaxe colonización que emprenderon os portugueses e que supuxo a desaparición masiva de línguas nativas na América e na África.
Se o que afirmamos é a diversidade cultural, España efectivamente xogou e xoga o papel de imperio pequeno, pero entón Portugal é o imperio minúsculo e mesmo a Galiza (e as súas oficialidades lingüísticas homoxeneizantes) sería o imperio infinitesimal (ou nanoimperio).
Se pola contra apostamos pola utilidade da língua baseada no número de falantes (criterio economicista vía feitos coloniais consumados), entón claro que sería interesante salvagardar o galego-portugués, pero quizás con maior énfase incrementar o uso do inglés e, de agora en diante, do chinés.
Igual que rememorar con nostalxia á monarquía galega persoalizada no Rei Garcia é un disparate en boca de militantes de esquerdas.
Jonathan Pinheiral de Sousa Santos
1 Comments:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=13&idNoticiaOpinion=42322
Enviar um comentário
<< Home