Lanzamento da Campaña: "Ningún concello sen Capital"
O Comité Inseminario Super a Favor de Todo y de la Paz en el Mundo de Galicia (CISFTPMGA) quere manifestarse completamente en contra de comportamentos super pailáns, como reivindicar a capital galega para Coruña, a capital de Pontevedra para Vigo, a capital de España para Madrid ou a capital do mundo para Nova York.
Propoñemos en cambio que todos os concellos sexan capitais do que lles de a gana (apoiamos a diversidade e a diferenciación), e aplaudimos a diseminación da proposta innovadora de algúns concellos que se declaran capital. Algúns exemplos:
- Monforte de Lemos: Capital da Ribeira Sacra.
- Campo Lameiro: Capital da Arte Rupestre de Galicia.
- Sansenxo: Capital turística de Galicia.
- Silleda: Capital Agropecuaria de Galicia.
- Cee: Capital económica da Costa da Morte.
Felicitamos a estes concellos orgullosos de si e invitamos a expandir esta estratexia estratéxica. ¿Cal será a capital do cocido?, ¿Cal a da empanada de papuxa?. ¿Cal a das cousas que ulen ao que non ulen?. ¿Cal a do tuning de tractores?.
Voluntarios Inseminarios del Mundo!!: Agardamos as vosas propostas e a vosa colaboración activa (admítense donacións, of course) na nova campaña inseminaria Ningún concello sen capital.
O Piloto
3 Comments:
Allariz capital mundial... dos malabares
Xa tiñamos aquela vella:
Conxo capital mundial da movida mental.
Absurda
Outra das clásicas
Santiago capital mundial do revolucionario de postal
Enviar um comentário
<< Home