modulación do turismo (1)
a Región Gallega caracterízase por posuír unha gran cantidade de recursos naturais completamente inexplotados polos habitantes regionais pero sobreexplotados polos visitantes, particularmente da nación española.
neste caso ímonos centrar nas ondas. a onda é un movemento singular co que o cantábrico e mais o atlántico (onde todo permanece e nada flúe) bendícennos. así poñamos por caso un habitante da capital da nación española ven para aquí en vacacións, coa sua furgoneta (chea de latas de cervexa, fabada, etc), as súas táboas de surf. aparcan sobre as dunas, acampan e veña a coller ondiñas. pero isto qué é? a nosa proposta é:
- 1 euro por cada onda
- 39 euros por cada onda collida con xeito
- non se pode aparcar nas dunas senón en aparcamentos regionales (12 euros/hora)
- non se pode acampar por aí adiante: todos os surfistas aloxaranse nos servizos hosteleiros da Región (mínimo 59 euros /noite)
- non se poden traer latas de ningún tipo (todos comerán tres veces ao día a unha media de 35 euros por comida e beberán cervexa rexional en garitos especialmente habilitados para este tipo de visitante, supervisados por Sanidade)
- no caso de facer xestos coa man en plan guai cada vez que collan unha onda deberán abonar 98 euros de plus.
no caso de non cumprirse algunha destas condicións, os corpos e forzas de seguridade da Región Gallega están obrigados a disparar sen preguntar tras exercer a violencia física e psicolóxica.
ou e que a ti danche todo gratis cando vas a madrí?
Mesías Meinhof
4 Comments:
Superafavor das tarifas!!!
É máis, ao cruzar o Padornelo deberías abonar unha ecotaxa de 100 eurazos. O tema de ir vestidos de surfeiros tamén deberiamos avalialo. E se por un aquel poñen música no cohce que se escoite fóra do mesmo, podemos consideralo contaminación acústica, do mesmo xeito que expresións como "Jose Mariiiii Haaas Vistooooo!!!", co que se lles remitirá a multa correspondente.
Absurda.
completamente SUperaFavor. de todos xeitos, unha multa para o de Jose Mariiiii haaaaaas Vistoooo é excesivamente misericordioso...
superafavor!!
;-D
É mais, é preciso ampliar as taxas para todo tipo de "guiris"
Outras sancións propostas:
1000 euros por cada vez que pregunten sinalando as bateas da ría: ¿que son esas islitas?
100 euros por cada vez que na tasca, ó ver uns mexilóns digan: "mmmmm, marijquito!!".
150 euros por cada "excursión familiar a pie" que fagan pola ribeira ou polo monte onde o "pater familias" leve un chandal cuns zapatos e calcetíns por fora.
1000 euros por meterse no medio da subasta da lonxa ca boca aberta fodendolle a paciencia a quen está traballando.
haberá máis...
Enviar um comentário
<< Home