INSEMINARIO

a punk attitude

10.4.06

Cambio de Réxime

Xa o temos. O obxectivo visionario dos regionalistas gallegos de facerse co control do planeta está cada día máis perto. A partir de hoxe, a Región Gallega adopta un novo réxime de governo:

O BEDELATO

A estratexia é simple e 100% gallega. Mandamos uns bedeles á sede central da ONU. Eses pioneiros conseguen meter á familia nos servizos de limpeza. Os xenerosos salarios de Nova Iorque permiten darlle unha educación aos fillos. De noite os despachos son nosos: temos os temarios das oposicións, temos as preguntas. Os fillos, xa estudiados, pasan a ocupar os cargos intermedios. E isto é só o comezo... ¿atrevédesvos a albiscar o futuro?.

O que nen sequer soñou a Xeración Nós, Inseminario soubo facelo realidade.


EL CREADOR

1 Comments:

At 10:26 da manhã, Blogger caravelete said...

Como estratexia é xenial, lenta pero segura ¿que importa agardar un par de xeracións se o obxectivo é tan alto?. O bedelato debería estar nos manuais de teoría política, porque na política estar xa está desde hai tempo (con metas máis modestas -alcaldías...- pero igual de importantes).

 

Enviar um comentário

<< Home