INSEMINARIO

a punk attitude

17.4.06

Grandes males que acechan á humanidade

Dos grandes males que acechan á humanidade, sen dúbida o maior de todos é a piratería musical. Si amigos/as, a trata de mulleres, a perda de biodiversidade, a desertización, o efecto invernadoiro, a pobreza, etc, quedan relegados a un segundo plano ante tamaño perigo. Afortunadamente as forzas vivas da nosa sociedade se teñen conxurado en guerra santa contra esta pandemia da era dixital. Entre o exército redentor combaten dende David Bustamante á Ministra de Cultura e, segundo publica a voz de Galicia (17 de abril de 2006) o Seprona.
Efectivamente o mal é tan grande que o Seprona se viu obligado a abandonar labores menores (caralladas, vamos) como a protección da natureza -que segundo reza na súa web é o seu cometido fundamental- para involucrase na cruzada. ¡Viva!.
Afortunadamente a súa laboura tivo éxito e unha perigosa activista sengalesa de 23 anos puido ser neutralizada e a dañina mercadoría desactivada. Fíxense o tamaño do mal que entre o material incautado incluso se atopou o CD de Fran Perea (que como se sabe é un arma de destrución cerebral masiva).
Esta brillante operación non é, por suposto, froito da improvisación, xa que o Seprona tiña sospeitas da venda de produtos pirateados no feirón da vila. Para que logo digan que os servizos de intelixencia non funcionan.
Respiramos aliviados.
¡Muerte a la piratería!¡Viva España!

Elena Genado