INSEMINARIO

a punk attitude

3.5.06

e ningún concello sen a sua festa gastronómica

pois claro que non: todos os concellos e concellas teñen dereito e dereita á sua festa gastronómica.
propoñemos algunha: festa da empanada de balea de Cervantes (expícase porque os maragatos levaban a balea por alí). festa da piña tropical de Folgoso do Caurel (non se exprica). festa do porco agridoce de a golada (había un chino por alí). festa so wok de cus-cus de ñú de marín (un rollo celta). festa do cocido de cebra de paradela (seica hai un paso de).
fagan as suas propostas.
Inseminario SuperaFavor do sincretismo cultural e gastrónómico!! SuperaFavor da irrealidade!!
M. Meinhof.

3 Comments:

At 1:49 da tarde, Blogger besbe said...

Perfecto! Para todos estes despropósitos un exemplo bonito, a vila de ordes. Non hai concello tan singular, con un pouco de todo e con todo de nada: temos Expofegasa (maquinaria para campos que non se aran),champiñón (producto autóctono de invernadeiro), queixo (seguro que pronto con denominación de orixe da Va-ca Culona), desfile de moda (fábricas de camisas propias, talleriños cosendo para Zara e Viriato vendendo para o Corte Inglés), exposición de tendas da vila (Distrito Comercial Campo da Feira) e a movida nocturna dos sábados pola noite en tu discoteca LP´21 (cálculo medio da media de idade aproximativo dos que a frecuentan).
Ordes capital total.

 
At 2:29 da tarde, Blogger inseminario said...

Super a favor de que Ordes sexa capital total (esa si que é boa!!)

 
At 11:18 da manhã, Anonymous Anónimo said...

eu rebaixaría incluso a media de idade de lp aos 14 ou 15 anos. temos de todo non nos falta de nada

 

Enviar um comentário

<< Home