O galego é o idioma máis dificil do mundo
O Observatorio Inseminario sobre Asuntos Extranos (OIAE) ven de descubrir por que o galego é cada vez menos falado. A razón é que se trata do idioma máis dificil do mundo. En este sentido atopáronse as seguintes evidencias.
Evidencia 1: os opositores que se presentan a prazas públicas en Galiza son capaces de aprenderse a constitución española e o estatuto de autonomía de memoria, de memorizar a ley de procedemento administrativo, de lembrar o nome e código de centos de formularios e procedementos, así como outras ciencias obtusas, todo elo en castelán. Agora ben, se teñen que facelo en galego, resulta misión imposible. Corolario 1: aprender en galego é moito máis dificil que en outros idiomas parecidos e coñecidos polos discentes.
Evidencia 2: os alumnos que veñen a Galiza de fora son capaces de aprender macroeconomía, cinética química avanzada, dereito romano ou físcia cuántica, pero non son capaces de aprender galego. Corolario 2: o galego é moito máis dificil que outros campos de coñecemento.
Evidencia 3: os profesores universitarios, xuizes, fiscais, inspectores de facenda, que veñen a Galiza procedentes doutros territórios son capaces de ser expertos mundiais en nanotecnoloxía, física nuclear, dereito especializado, enxeñería contable, etc; pero aprender galego é unha proba insuperable para eles. Esto reafirma o Corolario 2.
Evidencia 4: estos mismo profesionais brillantes cando van a italia aprenden italiano, cando van a EE.UU. aprenden inglés e canto van a cataluña aprenden catalán. O galego en cambio é unha proba digna de Hércules. Corolario 3: efectivamente o galego é máis dificil que calquera outro idioma.
En consecuencia, o OIAE non so ten revelado á explicación de por que o galego se fala cada vez menos, senón que ten descuberto que é O IDIOMA MÁIS DIFICIL DO MUNDO.
Validados o resultados polo Comité Inseminario de Ética e Disciplina Deportiva (CIEDD), nos manifestamos super a favor de que o galego entre no libro Guiness dos Records como idioma máis dificil do mundo e dende aquí lanzamos a campaña a prol da súa candidatura. Orgullo Galego!. (of course).
María Castaña
3 Comments:
super super a favor.
;)
Está moi ben este artigo...¡noraboa!
Tal vez sea dificil aprenderlo, pero yo nunca he estudiado gallego y sin embargo pude leer perfectamente todo lo que menciona.
Tal vez el idioma más dificil de aprender es el que se necesita y sin embargo no le gusta a la persona que lo requiere.
Enviar um comentário
<< Home