Premio Inseminario ao Top Aburrimento + Top Dejá vu
se alguén se lle ocurre alo máis aburrido e tópico que:
- un/ha galego/a falando sobre incendios na Galiza en verán
- un/ha artiguista galego/a nunha columna de opinión queixándose dos incendios na Región Gallega en verán (serve igual a prensa chachi como Vieiros ou a chunga como LaVozdePaliza)
- opinións sobre o mal que están os incendios na Región Gallega en verán
- un bló dun/ha galego/a que fala sobre incendios na Región Gallega en verán
- xornalistas de medios da Nación Española que veñen a facer reportaxes sobre incendios na Región Gallega en verán
- políticos/as falando sobre incendios en Galicia en verán
- cidadáns falando sobre incendios en Galicia en verán
- ecoloxistas falando sobre incendios en Galicia en verán
- madereiros falando sobre incendios en Galicia en verán
- expertos falando sobre incendios en Galicia en verán
- profesores/as falando sobre incendios en Galicia en verán
- enxeñeiros de monte rebuznando sobre incendios en Galicia en verán
- alcaldes horneando sobre incendios no seu Concello Gallego en verán
- peña seria que di que perdemos un gran potencial cos incendios na Gallaecia en verán.
- peña que di que os lumes apáganse no inverno en Galicia no verán
- peña que emprega a verba limpar cando ve un incendio en Galicia no verán
- peña que emprega a verba valorizar e derivadas en Galicia no verán
- verbas tales como lacra, plaga, vaga, catástrofe, desastre aplicadas aos incendios na Región Gallega no verán (a nosa favorita é lacra).
- ....
Dr. Pyros
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home