INSEMINARIO

a punk attitude

15.7.06

SuperAFavor de Quads e motos acuáticas!!

o noso entusiasmo polo motor non ten límites. estamos a profundizar no noso profundo amor e devoción polos quads e motos de auga. encántannos: vas ao monte e sempre aparece un quad fantástico co seu ruido, o seu rollo erosionante, ese consumo de petróleo gratuito e cando van polas dunas! eso xa é unha especie de extase místico que nos entra. e qué poderíamos dicir das motos de auga, toda praia que se preze debería ter 39 ou 54 por hectárea co seu armonioso desprazamento sobre a auga cal arroás motorizado.
sen dúbida ningunha estamos SuperAFavor de quads e motos de auga.
sen dúbida constitúen uns brancos móbiles perfectos. oe, que estás na praia tras a duna tranquilamente durmindo a sesta, fantástico porque 4 km antes de que pases xa a escoitas así que dache tempo a armar con calma o kalasnikoff, poñerlle a munición explosiva especial para cochos, poñerte a gorra para que o sol non te deslumbre, apuntas e plaff, o quad polos aires e o xilipoulas que o conduce fragmentado en miles de anaquiños. que vas polo monte, o mesmo, oes o quad e dache tempo a tender un cable cortante a altura do pescozo, sentas e podes tranquilamente observar como o xilipoulas é degolado, incluso podes grabalo coa cámara do móbil e colgalo en youtube. o das motos de auga ten o seu aquel, porque estar na praia é un pouco aburrido logo de xogar ás palas, observar cús e tetas, bañarse e tal non hai moito que facer, así que o de afinar puntería dende a area é fantástico, o bazoka de 34 mm é perfecto. en ocasións o xilipoulas que conduce a moto acuática leva detras unha xilipoulas: acertar da mogollón de points canxeables por alimento cárnico para iguanas.
curiosamente, Inseminario ten que reprender ao Xénero Fiminino: resulta que ainda falta por ver a primeira muller conducindo un quad ou unha moto acuática. a qué estades agardando?
igualmente queremos destacar o seguinte: todos os varóns que conducen un quad ou unha moto de auga teñen cara do que son: auténticos xilipoulas completamente estúpidos. SuperAFavor da sinceridade. non faltaba menos.
Xack, o Deturpador