Región Gallega: unha nazón de poñedores
Un equipo de deseñadores chinés lanza unha liña de roupa para polos. Nin vestir as nosas galiñas sabemos, para aínda por riba lle regalar os cartos a catro espabilados. Está claro que o final tiña que pasar, con tanta inversión e subvención pública na eólica e a acuicultura insostible deixamos de ser competitivos no que realmente sabemos facer. En fin, os galegos seguimos sendo Poñedores en lugar de Deseñadores.
Así, é normal que a Región Gallega estea á cola en I+D+i. Indignados estamos, pero non máis que os do Comité Galiño-Galaico que suxiren ós amantes dos polos que se absteñan de ver a esta páxina (vexetarianos e peña así, como sensible, que non a mire).
Informa: Nonhaigüevos
1 Comments:
para cando unha colección deseñada por jennifer lópez exclusivamente para galiñas?
que riquiño! o chándal! vin un día á bugallo cun igual!
Enviar um comentário
<< Home