INSEMINARIO

a punk attitude

14.4.07

A lei de Partidos: unha gran gran lei.

Os progresistas opóñense a esta lei pero dende Inseminario decretamos que é unha excelente fórmula que debera ser aplicada a todos os ámbitos da existencia humana. Vexamos algún exemplo.
Antes de ter moza/o habería que facerlles asinar un documento polo cal se comprometen a estar SuperAFavor do sexo en todas as etapas da relación, Inserso incluído. Deberían así mesmo manifestarse a favor de saber cociñar e tratarse con amabilidade.
Antes de Contratar un traballador/a o xefe debería asinar un documento no que se manifesta en contra do mobbing, a favor da amabilidade e de compartir riquezas.... O empregado debería comprometerse por escrito a non ver porno no horario laboral, tomar o café nun tempo razonable, 1/2 hora (de especial interese para funcionarios), mostrarse a favor da cortesía co xefe e cos compañeiros.....
Todos os políticos deberían asinar un documento no que rexitarían contar mentiras, a violencia verbal, a manipulación, deberían amosarse en contra de enriquecerse na vida pública, a non mirarlle as tetas as secretarias, etc. e por suposto comprometerse en chamarse como se chaman, non insultar a funcionarios. Tamén deberan asinar un manifesto en contra de montar guerras e do uso nefasto do idioma e/ou língua.
Todos os conductores deberan comprometerse a respectar as reglas do tráfico, ser amables co resto dos conductores e a quedarse en casa se a adrenalina e/ou a testosterona está alta; empregarán o transporte público se non foderon convenientemente a noite anterior....

Como vedes, Inseminario móstrase SuperMegaAProl da Lei de Partidos. Esa lei tan grande como incomprendida.

Tera Guay

2 Comments:

At 2:01 da tarde, Anonymous Anónimo said...

:D
Umha lei útil!

 
At 3:20 da manhã, Blogger Unknown said...

si, a lei dos enteros e uma grande grande lei, uma lei verdadeira lei de leies para legos y galegos.

salutem y froça au canutem sempre para foder a la lei da morte

 

Enviar um comentário

<< Home