INSEMINARIO

a punk attitude

22.3.07

¿E se Cristobal Colón fora de Pontevedra?

Se finalmente se demostrara que Cristobal Colón é de Pontevedra, hipótese nada descabellada obviamente (superafavor de que Cristobal Colón sexa de Pontevedra!), resultaría que a diáspora a América se remotaría a 500 anos atrás. Isto tería dúas consecuencias:
1º. O carrete para montar rollitos de recuperación da memoria histórica se amplía até xusto despois do abandono de Machu Pichu. Imaxinádevos a de exposicións, barcos ambulantes, canoas, libros, autobuses da memoria e museos que se pode montar. Toda unha auténtica industria cultural.
2º. ¡Pódese ampliar o censo electoral até os primeiros descendentes dos mariñeiros da Pinta chegados en 1492! (nome que claramente reflicte a orixe galega, de feito outro dos barcos se chamaba orixinariamente Marela) .
Xa non haberá que montar unha consellería da emigración, senón levar directamente a Xunta para América. Poñamos por caso que se instala na Española.
Seríamos a maior región do mundo, acadando a máxima poboación có mínimo territorio. De feito os residentes no territorio serían a minoría. Seríamos a primeira globaregión! e Touriño faría unha residencia á beira do Titicaca.
Nas eleccións munipais de Poio poderían votar 3.756.514 electores.
E encima as colas diantes dos consulados (ou consuliños) ian parecer unha performance de Hristo. Que bonito todo!

Carlos Amerycanich
PD: e a Jenifer López será galega?

7 Comments:

At 5:52 da tarde, Anonymous Anónimo said...

estades sementados...

 
At 8:24 da tarde, Anonymous Anónimo said...

os da frikipédia passam-vos pola direita e vam mais alá, ou seja, além: o primígeno Pangea estava na Galiza; com a deriva das placas, espalhou-se a galeguidade: olhai se nom dá um censo muito mais aquelado... superafavor das teorias tetónicas!

 
At 10:29 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Camerón Díaz é Galega!! Non hai máis que vela!

 
At 1:21 da tarde, Anonymous Anónimo said...

...e vernos a nós...

 
At 1:11 da tarde, Blogger paideleo said...

Bush non é máis que unha anglización de Buxo.
Na Florida está unha Ponte Vedra. Déixoche a proba.
http://eueoseeuu.blogspot.com/2006/01/30-decembro-daytona-beach-e-ponte.html

 
At 10:34 da tarde, Blogger cambote said...

E sobre todo: ráfaga e maila cumbia serían nos@s!!!!!!!

 
At 1:45 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Pero qué teima con se espallar polo mundo e coa universalización!!! co ben que estamos aquí recollidiños...porque alguén pensou na arrepiante posibilidade de que Donald Runsfeld sexa en realidade de Salvaterra do Miño???

 

Enviar um comentário

<< Home