INSEMINARIO

a punk attitude

28.2.07

A causa do Atraso xxxóxico / xxxxómico da Galiza

Mentres que no resto do planeta, particularmente no mundo desenvolvido, e tamén no resto da Nación Española, as intelixencias grandes, medias e baixas adícanse ás ciencias, ás artes, ás técnicas, á fontanería, etc contribuindo así ao desenvolvemento de todo tipo, na Región Gallega todo o mundo adícase á FILOLOXÍA.
Igualmente nestes outros lugares os grandes debates públicos son sobre as artes, a economía, a sociedade, as ciencias, a gastronomía .... na Región Gallega, debates circulares sobre cuestións FILOLÓXICAS.
A filoloxía explícao todo.


Josep Manolo Shores Burned

4 Comments:

At 11:25 da tarde, Anonymous Anónimo said...

nom percebedes nada, percebes.
Que país (ou regiom) avançou sem ter clara a diferença entre ser SUJEITO e ser PREDICADO(r)??? Quin e Touri non som filologos, por isso ficárom assím bicéfalos (que nom vice-falos, piada filológica onde as haja): quem predica? quem sujeita? quem é predicado? quem é sujeitado? quem agente? quem paciente?
Superafavor dos megafilologos, sobretodo dos que nom sabem ler, meuspobres.

 
At 12:13 da tarde, Blogger Basho said...

Não acham melhor adicar-se à Filologia que outros mesteres, como, por ejemplo, à Literatura? Ou acaso é que prefirem presidentes prologuistas de Borges, como o ínclito ZP? Ah!, agora já não está tão mal isso da Filologia, ein?

 
At 12:18 da tarde, Anonymous Anónimo said...

O lema debe ser adiantar pola dereita: levar a ciencia, a economía, as artes todas a unha forma filolóxica... matemáticos filológos, ou mellor, filólogos matemáticos, que fagan teoremas rimando, que enuncien unha teoría sore atraso económico de Galiza e a súa dependencia como pendencia española en pes cebrados, un estudo sociolóxico sobre os referentes publicitarios como tótems de grelo acariñado onde a metáfora sexa hipébole ou unha filosofía da ontoloxía da gheada.
Se todo ten que ver incluso coa igrexa, inseminaristas e filopunkis.

 
At 2:15 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Y tanto que es cierto. Menudos pelmas

 

Enviar um comentário

<< Home