INSEMINARIO

a punk attitude

5.2.07

Por ti, polo teu país

Fai algo por ti
fai algo polo teu país:
renuncia á tua praza de funcionario.




9 Comments:

At 3:38 da tarde, Blogger cambote said...

Pois quero...
Este post por triplicado, cos selos dos vosos superiores inmediatos, en distintas cores, a saber: azul para deixar constancia na administración, este rosa para vós, e un marelo que quedará para posible compulsa en caso de reclamación e posible volta.
Despois: teredes que ir blog a blog por tódolos do blogomillo pedindo perdón polos posbles danos morais que as vosas sentenzas poidan producir nas mentes dos funcionarios que non queiran marchar polo ben do seu país, e explicándolles que a vosa postura é persoal e parcial.
So entón será publicada na web da xunta.
(Un alto funcionario arrepentido)

 
At 11:42 da tarde, Blogger mariademallou said...

;)
superafavor

 
At 2:23 da tarde, Blogger besbe said...

eu tamén superafavor, así conseguirei eu unha hohohoho
Hai pouco un amigo extranxeiro preguntoume se estaba preparando oposicións, e díxenlle que si ao cal me contestou: "non o sabía, pero supúxeno, porque aquí todo o mundo quere ser funcionario"

E preparar, o que se di preparar, non as preparo, pero se sona a flauta...anque que vou ser burra!(si, non?)

 
At 10:24 da tarde, Anonymous Anónimo said...

menos mal que som [super]anarco-individualista-incoerente , que se nom já me via atendendo o chamado da pátria e renunciando... com o superbem que vivo assim...

 
At 1:53 da tarde, Anonymous Anónimo said...

É unha proposta auténticamente revolucionaria nunha Región de conservadores patolóxicos!
Super a favor!

 
At 11:30 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Parece que Dostoievski estaba a pensar na GZ cando escribiu aquilo de que "Todo o mundo foi, é ou será funcionario do Estado. Todo o mundo está disposto a se poñer ao seu servizo." Curiosamente, está nunha novela que se chama O Idiota. Por algo será.

 
At 3:42 da tarde, Anonymous Anónimo said...

As prazas "en propiedade" son contrarias ao avance da sociedade.

Eu penso que no futuro todo o mundo disfrutará dos seus 15 minutos de contrato indefinido.

 
At 7:09 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Aí doe, eh!

 
At 2:06 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Ben o de rematar cos funcis, pero haberá que ir máis aló: fora o estado, sostido por funcis, exportemos os criterios da empresa privada e os contratos temporais encadenados para todo quisque...qué viva a esclavitude!!!

 

Enviar um comentário

<< Home