Rías de primeira e de segunda.
Tras os estudos oportunos, A Axencia Galega de Seguridade e Bonitismo determina que hai rías de primeira e de segunda.
A ría de Pontevedra é de primeira: ten unha industria fea (a merdulosa) e quérenna quitar porque afea e contamina. A ría de Ferrol é de segunda: non tiña industria e quérenlle montar unha regasificadora (regavosa) para afeala, contaminala e que, eventualmente, explote todo e onde había unha ría se formen como catro ou cinco.
En definitiva, as rías son como as persoas: hainas de primeira e de segunda, incluso de terceira ou cuarta. Xa se sabe.
Por outra banda, creemos que é unha gran iniciativa: a industria do Feísmo: o que é feo pasámolo a bonito e gañamos cartos, o que é bonito pasamolo a feo, gañamos cartos e logo pasámolo de novo a bonito e voltamos a gañar. Fantástico.
É un gran exemplo para a cidadanía. Cada vez que se escoite a verba "feísmo" pensarán se a sua leira ou concello está nun área A ou nunha área B.

Ives Rocher
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home