INSEMINARIO

a punk attitude

15.1.07

Feismo (II)

O capitalismo e feo;
As plantacións de eucaliptos invadindoo todo son feas;
Os paseos marítimos son feos;
Os recheos sobre o mar son feos;
O aparcadoiro en Cabo Fisterra é feo;
A homofobia é fea;
A soidade é fea;
A Voz de Galicia é fea;
Os tanques de Ferrazo son feos;
Facer chistes sobre Gayoso para parecer moderno é feo;
As piscifactorias son feas;
As chemineas de As Pontes son feas;
As canteiras no Courel son feas;
O Palexpo é feo;
Os antidisturbios son feos;
Os que miran para outro lado son feos;
A pobreza e a fame son feas;
A guerra é fea;
O fin que xustifica os medios é feo;
O desarraigo é feo;
Os coches oficiais aparcados en liña amarela son feos;
Os puticlubs son feos;
O desemprego é feo;
as cooperativas textís que traballan a destallo son feas;
o arribismo e feo;
Os polos de Coren son feos;
A presa rosa é fea;
Os zoos son feos;
Os maltratadores son feos;
os todoterrenos invadindo as cidades son feos;
(...)


Morfeo

2 Comments:

At 8:20 da manhã, Blogger cambote said...

e a xente que os conduce teñen tendencia a horteras proas capitalistas.

 
At 7:52 da tarde, Blogger inseminario said...

Se queres que todo sexa bonito:
!Vota, Reticencia Galega!
(http://reticencia-galega.blogspot.com/)

 

Enviar um comentário

<< Home