INSEMINARIO

a punk attitude

16.2.07

Vicenovas

Posto que a Vicepresidencia (de Anxo Quintana) (de Igualdade e Benestar) (da Xunta de Galicia) (a secas) ten como novo asesor a:
SuperPiñeiro!!
Queremos destacar algunha nova iniciativa:
  • A partires de agora o tráfico será adaptado á idiosincrasia Gallega, ou como sermos nos mesmos mentres conducimos en clave de país: eu non vou para alí e poño o intermitente para aló, ou se cadra vou ben, ou tanto ten, ou tampouco é para tanto... Destaca que as tasas de alcohol serán diferentes se se trata viño ou licores do país ou de fóra. Máis info aquí.
  • Os maltratadores Gallegos xa non teñen que improvisar, a partires de agora dispoñen dunha completa guía sobre cómo acabar dunha vez por todas coa súa parella, con precisión, de xeito científico e en clave de país. É moi útil: os maltratodores poden camuflarse e disimular a súa condición seguindo uns amenos consellos sobre cómo as súas mulleres os poden detectar. Máis info, aquí.
Pepiño Baader